Discover the 8 principles of the HONcode in 35 languages

1. Autoría
Calquera consello médico ou de saúde suxerido neste sitio Web só será proporcionado por médicos ou profesionais da saúde especializados e cualificados a menos que unha clara declaración exprese que unha parte da suxerencia ofrecida non é dun profesional da saúde cualificado ou organización non médica.

2. Complementariedade
A información proporcionada neste sitio está dirixida a complementar, non a reemprazar, a relación que existe entre un paciente ou visitante e o seu médico actual.

3. Confidencialidade
Este sitio Web respeta a confidencialidade dos datos relativos a pacientes e visitantes, incluindo a sua identidade persoal. Os propietarios deste sitio Web comprometense a respetar e exceder os requisitos legais de privacidade da información médica ou de saúde que se aplican nos países onde estén localizados tanto no sitio principal como as sus réplicas (mirrors).

4. Atribución, Referencias e Actualización
Cando sexa apropiado, a información contida neste sitio será apoiada con referencias claras as fontes dos datos e, se é posible, estableceránse hipervínculos a eses datos. A data na que unha páxina clínica foi modificada por última vez estará claramente identificada (ex. o final da páxina).

5. Garantía
Calquera requerimento relativo os beneficios ou rendemento dun tratamento específico, producto comercial ou servizo será respaldado coas evidencias adecuadas e obxetivas, da forma indicada no anteriormente citado Principio 4.

6. Transparencia dos autores
Os deseñadores deste sitio Web procuraran proporcionar información do xeito máis claro posible e proporcionarán enderezos de contacto para que os visitantes poidan procurar información adicional. O Webmaster indicará o seu enderezo de E-mail claramente en todo o sitio Web.

7. Transparencia do patrocinador
O patrocinio deste sitio Web estará claramente identificado, incluindo a identidade das organizacions comerciais e non-comerciais que teñan contribuido con fondos, servizos ou material para este sitio.

8. Honestidade na política publicitaria
Se a publicidade é unha fonte de financiación deste sitio, deberá indicarse claramente. Amosarase, no sitio Web, unha breve descripción da política publicitaria adoptada polos propietarios. Os anuncios e outro material promocional presentaranse ós visitantes dun xeito e nun contexto que faciliten a diferenciación entre éstos e o material orixinal creado pola institución que xestiona o sitio.

Note: Traducido ó galego por Víctor J. Quesada V. - (Galicia) Spain http://www.casimedicos.com.es (December 2006)