Principio 5 - Garantía
A menos que o propósito do sitio web estea claramente indicado para se-la plataforma comercial dun produto, o editor debe xustificar calquera petición con respecto á eficacia ou non eficacia de calquera produto comercial ou tratamento, e debe incluír información equilibrada como alternativa (xenérica) ós tratamentos.
Por exemplo, se un produto comercial se recoménda por calquera motivo (non un fármaco activo senón un nome comercial específico) a bibliografía (evidencia científica) que apoia a información debe ser incluída.
Por exemplo, unha compañía farmacéutica publica e divulga un sitio que recomenda só os seus produtos. Se existe unha declaración presente ó efecto sobre que "este é o sitio web do produto XYZ" entón non é necesario que os produtos / xenéricos da competencia sexan mencionados. Se un sitio web dunha compañía non realiza esta declaración, entón eles deben proporcionar información xenérica da competencia.
|