Principio 8 - Honestidade e Transparencia da Publicidade e a Política Editorial
Aviso sobre a política de publicidade do sitio web
- A política de publicidade do sitio web debe ser declarada e exposta. Os tipos de publicidade non aceptados, especialmente debido a conflitos de intereses, deben ser explicados.
- A declaración da política editorial debe describir como o sitio distingue entre editorial e contidos de publicidade.
Advertencia sobre a publicidade
- Toda a publicidade (incluíndo, e non se limitando só a, aparición de ventanas publicitarias e banners) debe identificarse coa palabra "Publicidade" ou unha identificación similar sobre o patrocinador.
- Se os banners son incluídos por un servizo de hosting gratuito ("banners de intercambio"), os webmasters deben indicar claramente na política de publicidade que debido ó hosting gratuito, o provedor inclúe un banner comercial no sitio web que queda fóra do control do editor da web.
NOTA: A publicidade é presentada baixo a responsabilidade do editor. O sitio web que ofreza anuncios para sitios web con contidos pornográficos (aínda cando non estean baixo o seu control directo, como no caso dos "banners comerciais de intercambio") será retirado do proceso de acreditación de HONCODE e de tódalas bases de datos de HON.
Ainda que o sitio web non ofreza publicidade, debe dispor dunha declaración que indique que o sitio web nin dispón nin recibe financiamento de publicidade.
|