Principio 4 - Atribución, referencias e actualización
Este Principio comprende dúas áreas.
- A data da última modificación, que debe ser incluída en cada páxina do sitio web. Para os artigos clínicos, recomendamos tamén incluí-la data de creación.
Para páxinas clínicas, indica-las datas de creación e de última modificación é moi importante, sobre todo se están vinculadas a novos tratamentos, por ex.
A última data na que o sitio web na súa totalidade foi actualizado ou a data referente ós dereitos de propiedade literaria (copyright) non son suficientes para cumprir con este principio.
A "data de última actualización" non se debería actualizar automaticamente coa data actual: os resultados dos estudos e supervisións de HON amosan que esta práctica realmente o que fai é restar credibilidad ó sitio web.
Amosando a data, os seus visitantes / usuarios apreciarán que o sitio está activo e actualizado. Pero é de maior importancia para o visitante, saber que a información médica presentada no sitio web é recente ou realizada fai poucos anos.
- Orixe da información
¿ De onde procede a información?
¿ Que fontes bibliográficas foron utilizadas para recoller información para o artigo?
A bibliografía debe ser incluída, con ligazons ou hipervínculos se é posible.
|