Principio 1 - Autoría.
¿Menciona ó autor-es de toda a información médica ofrecida?
¿Sinalou Vd. a súa formación / credenciais?
Toda a información médica presentada na súa web debe atribuírse a un autor e debe menciona-la súa formación / credenciais no área. Isto pode facerse en cada unha das páxinas con información médica ou, nunha páxina de información sobre o "Consello Asesor" ou o "Consello Editorial".
Se o autor non é un profesional médico, isto debe ser declarado e indicado de forma clara no sitio web para cumprir co Principio 1.
Resumen: Cumprimento co Principio 1:
As cualificacións do provedor de información (autor, webmaster ou editor) deben indicarse de forma clara (por ex., paciente, profesional de Internet, médico ou profesional da saúde). Se o provedor de información é un médico, a súa especialidade debe ser mencionada.
- " Tódolos acrónimos (siglas) relacionados con graos ou licenciaturas deben ser explicados nunha páxina de información. Isto podese indicar cunha páxina "sobre ...", en referencia ós autores, por ex.
- Non hai conformidade se:
1. Se indica o autor, pero sen mención algunha á súa cualificación / formación.
2. Non existe ningunha información do autor.